Entradas

TORNEOS DE CARCASSONNE E CATAN MAIO DE 2023

Imagen
Temos a enorme ledicia de vos anunciar que o próximo mes de maio terán lugar os torneos de Catán e Carcassonne no Centro Leste da Parda (Pontevedra) 😍. Dous famosísimos xogos da distribuidora Devir . Rotting Pizza e a tenda  Percalandia unímonos para organizar este torneo oficial e poñer as dúas datas no calendario pontevedrés.📅  Neste post contámosche toda a información necesaria para participar! Segue lendo! O torneo de Catan   terá lugar o 7 de maio, a partir das 16:30 no   Centro Leste . As prazas están limitadas a 16 e son de balde. Os premios serán vales de 50 € para o primeiro clasificado e de 20 €  para o segundo a trocar na tenda Percalandia. Este torneo abre a posibilidade de competir no torneo nacional de Catan.  Enlace al formulario de inscripción Catan Bases y reglamentos del torneo O torneo de Carcassonne terá lugar o 14 de maio, a partir das 16:30 no Centro Leste do mesmo xeito que o torneo de Catan. As prazas están limitadas a 16 e...

ESTATUTOS

 A Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza entra na súa nova idade, agora que por fin somos unha Asociación rexistrada na Xunta de Galicia comezamos unha vida pública na que queremos comezar por mostrarvos os Estatutos e máis adiante o Regulamento interno da Asociación.    ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN LÚDICA DE PONTEVEDRA ROTTING PIZZA   CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL      Artigo 1. Denominación e natureza Coa denominación de “Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza”, constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo  22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito  e asociación e demais lexislación aplicable.      Artigo 2. Personalidade e capacidade A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da fin...

PASOS PRÁCTICOS PARA PINTAR MINIS (PARA PRINCIPIANTES)

Imagen
Neste artigo queremos amosar cuns sinxelos pasos como formar un espacio de traballo e como xestionalo adecuadamente para estar cómodos e poder disfrutar da pintura de minis (que ben sabemos que temos uns cantos afeccinoados 😚)   Prepara a túa mesa de traballo: adica sempre un intre a colocar todo o que vas a precisar sobre unha superficie limpa, diáfana e ben iluminada (teño pintado ata na mesa da  cociña). Coloca o teu cubilete de pinceis, os botes de auga (coma mínimo dous), a túa paleta e as túas pinturas nun arco ao redor da superficie onde vas pintar. Ten sempre a man un trapo limpo ou un pouco de papel de cociña para secar e limpalos pinceis entre cores. Prepara as pinturas: senpre escollo a paleta coa que vou traballar ese día con anterioridad. Do mesmo xeito que sei que minis vou pintar, tamén sei que partes é en que cores. Se as colocas todas en orde cromática fronte a ti será todo moito máis sinxelo (teñome volto tolo buscando unha cor na miña caixa 😆).   Prep...

RELATO: Francisco Cachifa

Imagen
 Presentámosvos un novo relato. Este é ben curto, do noso socio Alberto. Aínda que busca na mitoloxía como inspiración a verdade e que pinta máis coma unha obra de teatro que un relato 😉   🎲🎲🎲 Non cortes por aí. Como que non? Logo por onde queres que corte? Pois logo un pouco máis arriba. Non, que lle queda ese nu ao fío e non son capaz de tecer ben. Pero é para min! Que máis che ten. Porque logo vese iso aí, no medio, non queda ben! Non comecedes a rifar de novo. Cala ti e corta aquí. Non! Queda pequeno, non chega nin aos dous metros. E logo canto queres que mida? Seis metros? E que non vos importa o longo do fío? Tendo o sentido que ten... Vou estar agora a pensar no longo de cada fío, son todos para tecer o mesmo. Si, pero aínda así... Nada! Córtase aí e punto. Aos fíos agora sáenlle moitísimos nus, farta me teñen. Peor que aquela serie negra... Todos curtos e cheos de nus. Viñan ata sen cor algúns. Así saen d...

CONFRONTATION

Imagen
presentámosvos un wargame ao fin: CONFRONTATION   Este xogo de miniaturas saíu ao mercado alá polo 1996, para quen vos escribe a década dourada dos wargames, e desapareceu alá polo 2009 para tentar renacer no 2017. Pero non estamos aquí para falar de historia dos xogos de mesa e wargames (iso xa tocará) se non para traervos un wargame de escaramuzas cunha mecánica de xogo diferente. Ten todo-los puntos básicos dos xogos de escaramuzas con miniaturas: Miniaturas de coleccionista preciosas 😍. Regras sinxelas e que favorecían un xogo áxil 🎲. Sinxelo de transporte, cunha mochila xa podes levar todo o que precisas 👜. Menos espazo de xogo necesario en comparación cos xogos de miniaturas convencionais 🚀. Evolución dos heroes a través das clásicas campañas dos xogos de escaramuzas 💪. A mecánica de xogo é moi sinxela. Conformas a túa banda sumando os puntos de cada personaxe (indicado na súa carta) máis o custo dos obxectos que queiras incluír (se podes) ata...

ROL EN VIVO

Imagen
           Foto de Gioele Fazzeri en unsplash.com    Ola a tod@s! Hoxe traemos un tutorial de como levar a cabo unha partida de Rol En Vivo feito polo noso socio Abel. Neste tutorial poderedes encontrar dun modo resumido os pasos esenciais para organizar e vivir unha partida completa, incluíndo softcombat se o desexades. Dende Rotting Pizza queremos organizar partidas de Rol En Vivo e queremos que participes connosco!!   Regras 🎲🎲🎲

ARKHAM HORROR: EL JUEGO DE CARTAS

Imagen
 - Que é sinxelo de levar e para xogar case en calquera parte?   - Seeeep! Os xogos de cartas 😁   Arkham Horror: el juego de cartas é un xogo de mesa cooperativo, cunha ambientación nos tolos anos 20 do mundo de Lovecraft, na que cada xogador ponse na pel dun dos 5 investigadores que tentan resolver un misterio. Cada unha destas personaxes dispón de virtudes e defectos, vindo reflectidas na súa baralla de cartas. Conten 30 cartas a elixir e algún obxecto propio da personaxe en cuestión. A rolda de cada xogador componse de tres partes: explorar unha localización, combater contra monstros ou buscar o equipo que precisaremos para a nosa investigación. Aínda que está considerado un xogo de un solo uso, pódese xogar cada aventura de novo e cambiar o seu final. Téñense publicado novas expansións con novas regras, aventuras, obxectos e personaxes. Iso si, hai que pasar por caixa por cada un delas. Do mesmo xeito que no xogo de cartas de El Señor de los Anillos o...