Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como NOVOS SOCIOS

ESTATUTOS

 A Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza entra na súa nova idade, agora que por fin somos unha Asociación rexistrada na Xunta de Galicia comezamos unha vida pública na que queremos comezar por mostrarvos os Estatutos e máis adiante o Regulamento interno da Asociación.    ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN LÚDICA DE PONTEVEDRA ROTTING PIZZA   CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL      Artigo 1. Denominación e natureza Coa denominación de “Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza”, constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo  22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito  e asociación e demais lexislación aplicable.      Artigo 2. Personalidade e capacidade A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da fin...

QUE É ROTTING PIZZA?

Imagen
  Moitos dos socios preguntaban nos primeiros encontros de onde saía o nome de Rotting Pizza e aínda agora moita da xente que se achega as redes da Asociación segue a preguntar. Pregúntanse "Pizza Podre, porque?". Para poder entender o nome da Asociación temos que remontarnos un chisco atrás no pasado e recordalo espazo onde moitos dos primeiros socios nos atopamos. Ese lugar foi Midgar, unha tenda no centro de Pontevedra onde confluían os nosos intereses, onde xogábamos a xogos de mesa como o Axies&Allies, participábamos en ligas de InfinitytheGame ou creábanse incribles partidas de rol. Foi o nome desta tenda o que inspirou ao desta Asociación que leva pouco máis dun mes de existencia. Hai que rebuscar un pouco no xogo do que sae ese nome para entender a conexión. O xogo de seguro que o coñecedes moi ben, Fina Fantasy VII. Se escribides "ffvii" no voso buscador favorito obteredes como primeiro resultado a páxina de Wikipedia deste xogo, así que neste...
Imagen
Non importa se es de ficha ou peón, se es de peana cadrada ou redonda, se es de 1D6 ou 2D10, o que nos importa é que encántenche os xogos de mesa, os xogos de rol e os wargames e queras formar parte da nova Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza. Xurdimos coa fin de converternos nunha comunidade onde poder compartir a nosa afición en Pontevedra e a súa contorna.  ¡Contamos contigo!   YesWePlay   🎲🎲🎲