QUE É ROTTING PIZZA?

 


Moitos dos socios preguntaban nos primeiros encontros de onde saía o nome de Rotting Pizza e aínda agora moita da xente que se achega as redes da Asociación segue a preguntar. Pregúntanse "Pizza Podre, porque?".


Para poder entender o nome da Asociación temos que remontarnos un chisco atrás no pasado e recordalo espazo onde moitos dos primeiros socios nos atopamos. Ese lugar foi Midgar, unha tenda no centro de Pontevedra onde confluían os nosos intereses, onde xogábamos a xogos de mesa como o Axies&Allies, participábamos en ligas de InfinitytheGame ou creábanse incribles partidas de rol.


Foi o nome desta tenda o que inspirou ao desta Asociación que leva pouco máis dun mes de existencia. Hai que rebuscar un pouco no xogo do que sae ese nome para entender a conexión. O xogo de seguro que o coñecedes moi ben, Fina Fantasy VII.


Se escribides "ffvii" no voso buscador favorito obteredes como primeiro resultado a páxina de Wikipedia deste xogo, así que neste artigo pouco imos falar dun xogo tan coñecido.


O que non é tan coñecido é o nome de Rotting Pizza. Para iso temos que facer unha pequena introdución sobre unha das partes máis interesantes da sétima entrega da famosa saga que sairía no ano 1997. Falamos de Midgar, a enorme cidade onde comeza a historia e onde atoparemos a case todo-los personaxes cos que continuaramo-la historia máis aló dos seus altísimos muros. Esta cidade semella unha enorme pizza, xa que é circular e está dividida en oito segmentos, cada un alimentado por un enorme reactor de enerxía Mako... Pois semella unha pizza.


Non facía falla inventar nada, os habitantes dos suburbios desta cidade, a xente que vive no nivel inferior da cidade, onde a luz non é natural senón eléctrica, onde as casas fanse con restos do que cae do nivel superior, alí, eles a chaman Rotting Pizza. Poida que fose unha boa idea, pero esa pizza está podre de todo.


Poderíamos pensar que os socios de Rotting Pizza son membros de AVALANCHA


Para rematar, déixovos o enlace ao vídeo do tema Under the Rotting Pizza, que como dixo un socio noso, ben podería ser o noso himno. Forma parte da banda sonora do Final Fantasy VII Remake.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades de Rotting Pizza entre febreiro e marzo de 2024

ESTATUTOS

Primeira Xornada de Portas Abertas Rotting Pizza