Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como XOGOS

Primeira Xornada de Portas Abertas Rotting Pizza

Imagen
 Ola!   Esta pasada fin de semana foi a nosa primeira xornada de portas abertas no local de Rotting Pizza e puidemos disfrutar dunha chea de xogos e demostracións do máis variadas.   Dende os universos postapocalípticos do cadraxésimoprimeiro milenio ata as épocas prerrománicas na península ibérica. Xogos de combate, de carreiras ou de rugby. Todo vale para pasar un día agradable e de novas caras.   Comezou a xornada de maña coa demo de Kill Team, xogo de escaramuzas baseado no universo de Warhammer 40000, xogo da ben coñecida compañía Games-Workshop que polo xeral teñenos acostumado a xogos de moitas miniaturas en grandes mesas. Desta vez, móstrannos un xogo dun puñado de figuras sobre un escenario de xogo que cabe ata nunha mesa de café. Rápido, cheo de táctica e con moito truco coas liñas de visión. O noso bo amigo Queco mostrou aos presentes os conceptos básicos da mecánica de xogo e a esencia de creación de grupos de combate 💥 Rematamos a mañá falando de moitos...

TORNEOS DE CARCASSONNE E CATAN MAIO DE 2023

Imagen
Temos a enorme ledicia de vos anunciar que o próximo mes de maio terán lugar os torneos de Catán e Carcassonne no Centro Leste da Parda (Pontevedra) 😍. Dous famosísimos xogos da distribuidora Devir . Rotting Pizza e a tenda  Percalandia unímonos para organizar este torneo oficial e poñer as dúas datas no calendario pontevedrés.📅  Neste post contámosche toda a información necesaria para participar! Segue lendo! O torneo de Catan   terá lugar o 7 de maio, a partir das 16:30 no   Centro Leste . As prazas están limitadas a 16 e son de balde. Os premios serán vales de 50 € para o primeiro clasificado e de 20 €  para o segundo a trocar na tenda Percalandia. Este torneo abre a posibilidade de competir no torneo nacional de Catan.  Enlace al formulario de inscripción Catan Bases y reglamentos del torneo O torneo de Carcassonne terá lugar o 14 de maio, a partir das 16:30 no Centro Leste do mesmo xeito que o torneo de Catan. As prazas están limitadas a 16 e...

ARKHAM HORROR: EL JUEGO DE CARTAS

Imagen
 - Que é sinxelo de levar e para xogar case en calquera parte?   - Seeeep! Os xogos de cartas 😁   Arkham Horror: el juego de cartas é un xogo de mesa cooperativo, cunha ambientación nos tolos anos 20 do mundo de Lovecraft, na que cada xogador ponse na pel dun dos 5 investigadores que tentan resolver un misterio. Cada unha destas personaxes dispón de virtudes e defectos, vindo reflectidas na súa baralla de cartas. Conten 30 cartas a elixir e algún obxecto propio da personaxe en cuestión. A rolda de cada xogador componse de tres partes: explorar unha localización, combater contra monstros ou buscar o equipo que precisaremos para a nosa investigación. Aínda que está considerado un xogo de un solo uso, pódese xogar cada aventura de novo e cambiar o seu final. Téñense publicado novas expansións con novas regras, aventuras, obxectos e personaxes. Iso si, hai que pasar por caixa por cada un delas. Do mesmo xeito que no xogo de cartas de El Señor de los Anillos o...

AGRÍCOLA

Imagen
 Ola!! Neste primeiro venres de agosto deste verán tan caluroso traemos un xogo para gozar á fresca: Agrícola.   En Agrícola representamos un matrimonio de labregos que teñen unha parcela de terreo e a súa casa de dúas pezas. E xogo componse de 14 quendas onde poderemos labra-la terra, sementar, recoller cereais e hortalizas, a crianza de animais e como non, aumenta-la familia para axudar nas labores e ter máis accións por quenda. Pero non todo será ter fillos para que traballen, hai que manter aos membros da familia alimentados, polo que deberase chegar a un equilibrio entre o crecemento da granxa e a manutención dos membros da familia. Ao final de toda-las rondas puntúase a parcela de cada xogador e quen teña máis gaña. Agrícola pode dar a sensación de ser un xogo abstracto pero ao final torna ao contrario. Ademais no xogo temos dúas versións, unha familiar máis sinxela e na que calquera tipo de xogador, sen ter en conta a súa experiencia, pode comprender rapidamente a mec...

BLOOD BOWL!

Imagen
 Ola a tod@s! Hoxe imos comentar un xogo clásico de entre os chamados xogos de especialista de games-workshop, Blood Bowl. Cunha dinámica sinxela baseada en turnos, dous xogadores enfróntanse sobre un taboleiro nun trasunto de fútbol americano fantástico no que todo vale con tal de acada-la victoria. Nesta partida nos xogamos coa versión clásica en inglés, aínda que hoxe en día é máis sinxelo atoparse coa nova versión recentemente redeseñada. Aínda que é xusto admitir que as primeiras partidas poden parecer longas, no intre en que ambos xogadores acadan experiencia dabondo o xogo tórnase moito máis rápido é dinámico. O xogo distribúese en dúas partes do mesmo xeito que un partido de fútbol américano, coa diferencia de que nestes partidos poderemos ver a ogros tentando lanzar haflins por riba de homes árbol ou elfos esquivar os puños de aceiro dun orco negro... A parte máis divertida chega cando non o consegue 😂.     Por suposto a victoria non chega machacando a cada xoga...