ARKHAM HORROR: EL JUEGO DE CARTAS
- Que é sinxelo de levar e para xogar case en calquera parte?
- Seeeep! Os xogos de cartas 😁
Arkham Horror: el juego de cartas é un xogo de mesa cooperativo, cunha ambientación nos tolos anos 20 do mundo de Lovecraft, na que cada xogador ponse na pel dun dos 5 investigadores que tentan resolver un misterio.
Cada unha destas personaxes dispón de virtudes e defectos, vindo reflectidas na súa baralla de cartas. Conten 30 cartas a elixir e algún obxecto propio da personaxe en cuestión.
A rolda de cada xogador componse de tres partes: explorar unha localización, combater contra monstros ou buscar o equipo que precisaremos para a nosa investigación.
Aínda que está considerado un xogo de un solo uso, pódese xogar cada aventura de novo e cambiar o seu final. Téñense publicado novas expansións con novas regras, aventuras, obxectos e personaxes. Iso si, hai que pasar por caixa por cada un delas. Do mesmo xeito que no xogo de cartas de El Señor de los Anillos o xogo está pensado para 1 ou 2 xogadores, aínda que se tes dous xogos pódelos xuntar para xogar ata 4 xogadores.
Pódese xogar unha soa aventura ou unha campaña. Se xogamos unha campaña recibiremos puntos de experiencia coma nun RPG para consumilos en mellorar as barallas de cada personaxe. Ademais, as nosas decisións ao final de cada aventura definiran o curso de toda a campaña, tendo varios finais posibles.
Neste xogo non hai dados, no seu lugar conta con un sistema de fichas de Caos, as cales fan de dados. É un xeito orixinal de poder axustala dificultade da nosa aventura, xa que antes de comezar teremos introducidas un número de fichas dependendo da dificultade. A bolsa onde introducirémolas fichas non ven incluída... Será que unha saca de tea é moi cara😒... No meu caso uso a funda dunhas gafas de Sol😎.
A dificultade de toda-las aventuras é bastante elevada polo que para os xogadores menos pacientes e que lle gusten xogos máis pausados non se divertirán tanto. A colaboración entre xogadores tórnase fundamental para remediar cada paso, incluso na elección das personaxes.
A narrativa das aventuras e as distintas localizacións crean unha inmersión e unha ambientación digna dos relatos de Lovecraft e recorda ás aventuras gráficas dos 90' como Alone in the Dark. Súmalle que se che gusta conformar barallas ao estilo Magic este xogo vaiche gustar.
🎲🎲🎲
Comentarios
Publicar un comentario