AGRÍCOLA
En Agrícola representamos un matrimonio de labregos que teñen unha parcela de terreo e a súa casa de dúas pezas. E xogo componse de 14 quendas onde poderemos labra-la terra, sementar, recoller cereais e hortalizas, a crianza de animais e como non, aumenta-la familia para axudar nas labores e ter máis accións por quenda. Pero non todo será ter fillos para que traballen, hai que manter aos membros da familia alimentados, polo que deberase chegar a un equilibrio entre o crecemento da granxa e a manutención dos membros da familia. Ao final de toda-las rondas puntúase a parcela de cada xogador e quen teña máis gaña.
Agrícola pode dar a sensación de ser un xogo abstracto pero ao final torna ao contrario. Ademais no xogo temos dúas versións, unha familiar máis sinxela e na que calquera tipo de xogador, sen ter en conta a súa experiencia, pode comprender rapidamente a mecánica do xogo e outra máis complexa para xogadores expertos.
O deseño da caixa e propia dun produtor de latas de sardiñas. Os compoñentes, coma en calquera outro tipo de eurogame, está baseado en cubos de madeirade distinta cor e volume, cartóns e varias barallas. As instrucións son moi explicitas facendo que ata o máis novel nestes xogos entenda perfectamente todo e non teña as típicas dúbidas no transcurso do xogo.
Atopámonos ante un gran xogo, dos mellores eurogames dos últimos 20 anos, podendo volver a xogalo moitas máis veces grazas as barallas de cartas que fan cada partida diferente. O único problema está na interacción entre os xogadores, entre pouco e nada. Salva o feito de que cada vez que un xogador pon un peón sobre unha acción, o resto de xogadores non poden repetila, polo que pode truncar as estratexias dos competidores. Con esta mecánica comezarían toda unha saga de xogos que a ían imitar: Stone age, Los pilares de la Tierra...
Se non coñecedes este xogo, non perdades a oportunidade de probalo. A mellor parte é que non precisades dun grupo de amigos seareiros dos xogos de mesa, tan só dun atallo de persoas que gusten de sentar ao redor dun taboleiro a botar unha sobremesa divertida.
RP
Comentarios
Publicar un comentario