PASOS PRÁCTICOS PARA PINTAR MINIS (PARA PRINCIPIANTES)

Neste artigo queremos amosar cuns sinxelos pasos como formar un espacio de traballo e como xestionalo adecuadamente para estar cómodos e poder disfrutar da pintura de minis (que ben sabemos que temos uns cantos afeccinoados 😚)

 


  1. Prepara a túa mesa de traballo: adica sempre un intre a colocar todo o que vas a precisar sobre unha superficie limpa, diáfana e ben iluminada (teño pintado ata na mesa da  cociña). Coloca o teu cubilete de pinceis, os botes de auga (coma mínimo dous), a túa paleta e as túas pinturas nun arco ao redor da superficie onde vas pintar. Ten sempre a man un trapo limpo ou un pouco de papel de cociña para secar e limpalos pinceis entre cores.


  2. Prepara as pinturas: senpre escollo a paleta coa que vou traballar ese día con anterioridad. Do mesmo xeito que sei que minis vou pintar, tamén sei que partes é en que cores. Se as colocas todas en orde cromática fronte a ti será todo moito máis sinxelo (teñome volto tolo buscando unha cor na miña caixa 😆).

     


  3. Prepara as minis: teño a manía de poñer en orde as minis sobre a superficie de traballo, así cando remato con unha paso a seguinte e fago cadea. Outras veces pinto só unha e non teño que facer este paso… Pero é que cando sentas logo amola ter que te erguer de novo para ir buscar isto é aquilo 😓.

     


  4. Ten coidado coa túa postura: senpre vixía a postura que tomas no momento de pintar. O ideal é ter unha mesa alta para obrigarte a non te encorvar sobre a mini para pintar. Se non tes iso busca unha cadeira un pouco baixa e procura ter as pernas extendidas mentres pintas. A iluminación ten moito que ver neste punto. Senon é suficiente tornarás o corpo enteiro buscando boa luz. Procura non dobla-lo pescozo e ter as costas erguidas… son moitas cousas pero se prestas atención a todo isto agradeceralo ao día seguinte 😆.

     


  5. A pintar!! Xa está todo listo para pintar. Dalle con gana ata que deixe de ser pracenteiro para ti, as veces en media hora xa nos frustramos e é mellor deixalo. Outras veces pintarás durante horas e ao rematar sentiraste relaxad@ e en calma, coma despois dunha sesión de ioga… Como podería explicalo? Hai días que semella pintura DarkSouls e días que semella pintura Journey jajaja.

     


  6. Recoller é limpar: se hai algo tan importante como pintar é volver a recoller todo e deixar os pinceis e a paleta limpa. O mellor é usar xabrón para os pinceis é a paleta. No caso da paleta húmeda, se a temos nun recipiente so compre pechala ben e almacenala adecuadamente. Se pola contra estás a usar paleta convencional limpaa sempre. Logo deixa todo no seu sitio de volta. Eu uso unha caixa de ferramentas onde levo todo o que preciso (excepto auga, claro 😀). Deste xeito non precisarás dunha mesa adicada en exclusiva para pintar (o soño de moitas persoas pintoras 😥).

     


     

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades de Rotting Pizza entre febreiro e marzo de 2024

ESTATUTOS

Primeira Xornada de Portas Abertas Rotting Pizza