Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Paixón pola banda deseñada

Imagen
Neste segundo ano do Club de Cómic da Biblioteca Pública Antonio Odriozola estamos achegando obras menos coñecidas para o público xeral na procura de escrutar mellor este noveno arte 📚   Obras nacionais, clásicos esquecidos do século pasado, historias mesturadas entre o máxico e o real. Neste segundo ano viaxamos cos nosos socios e socias polas páxinas de obras densas con personaxes conformados en múltiples capas. Unha destas obras é O inferno do debuxante , de Kiko da Silva . Premio Castelao en 2014 é a obra máis curta deste ano. Pero ten un por que, forma parte da homenaxe que o autor brinda a todos os debuxantes que aparecen ao longo da historia. Unha historieta que cóntanos os periplos dun debuxante que nunca chega a tempo a presentar a súa gran idea. O formato cumpre co clásico europeo, en lonxitude e tamaño, para adaptarse ao recheo, a banda deseñada de grandes autores nacionais e internacionais.   Neste pequeno artigo aproveitaremos o símil no título e a idea para ...