Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

RELATO: Francisco Cachifa

Imagen
 Presentámosvos un novo relato. Este é ben curto, do noso socio Alberto. Aínda que busca na mitoloxía como inspiración a verdade e que pinta máis coma unha obra de teatro que un relato 😉   🎲🎲🎲 Non cortes por aí. Como que non? Logo por onde queres que corte? Pois logo un pouco máis arriba. Non, que lle queda ese nu ao fío e non son capaz de tecer ben. Pero é para min! Que máis che ten. Porque logo vese iso aí, no medio, non queda ben! Non comecedes a rifar de novo. Cala ti e corta aquí. Non! Queda pequeno, non chega nin aos dous metros. E logo canto queres que mida? Seis metros? E que non vos importa o longo do fío? Tendo o sentido que ten... Vou estar agora a pensar no longo de cada fío, son todos para tecer o mesmo. Si, pero aínda así... Nada! Córtase aí e punto. Aos fíos agora sáenlle moitísimos nus, farta me teñen. Peor que aquela serie negra... Todos curtos e cheos de nus. Viñan ata sen cor algúns. Así saen d...