Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

ESTATUTOS

 A Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza entra na súa nova idade, agora que por fin somos unha Asociación rexistrada na Xunta de Galicia comezamos unha vida pública na que queremos comezar por mostrarvos os Estatutos e máis adiante o Regulamento interno da Asociación.    ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN LÚDICA DE PONTEVEDRA ROTTING PIZZA   CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL      Artigo 1. Denominación e natureza Coa denominación de “Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza”, constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo  22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito  e asociación e demais lexislación aplicable.      Artigo 2. Personalidade e capacidade A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da fin...